Curriculum Bea

Bea Gómez Fandiño                          

   
Cursou o Grado Profesional de música pola especialidade de Canto Clásico no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Cursou ata 4º de Grado Medio pola especialidad de Piano e ata 3º de Grado Medio pola especialidad de violín no  Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Estudiou 5 anos de guitarra, 3 anos de gaita na Escola Municipal  de Música de O  Porriño. Tamén estudiou baixo eléctrico e canto moderno en Musicalacarta , e adquiriu nocións de armonía, improvisación  e composición da man de Carlos Segovia.

Ademáis, é Técnico Superior de Interpretación de Lingua de Signos e guia-interpretación de persoas Xordocegas, e  fixo un curso do plan FIP de Técnico de Son.
Participou en diversos cursillos e xornadas sobre “ Canto y Dirección Coral”,  así como de canto moderno da man de Helen  Rowson (Profesora de Operación triunfo 1º Edición).
 Foi componente da Orquesta Clásica de Cámara “Divertimento” de Ponteareas. Componente da “Coral Polifónica de la Escuela Municipal de Música de O Porriño” dende o ano 1995 ata a súa posterior disolución en el año 2000. Tamén foi parte do quinteto a capella de voces femeninas “Picola Cameratta” ata a súa disolución. Componente da "Coral Polifónica Sta Mª de Areas" dende o ano 1999 ata 2001.

Participou na obra - musical  “ Occident Express”, nas súas dúas edicións 2007-2008, sobre a música da post-guerra, e no espectáculo musical “Leben, Liebe, Jazz!” Tamén participou  na representación da Zarzuela “La verbena de la Paloma”  dirigida por Dn. Jose Antonio Campo e apoiada pola asociación “Amigos de la ópera”.

 Dirixiu a coral “Ponte das Febres de Ribadelouro” dende a súa fundación en xunio de 2002 ata xunio de 2005 e o coro de nenos “Ponte das Febres de Ribadelouro” dende a súa fundación en xaneiro de 2004 ata a súa  posterior disolución. Tamén dirixiu a "Coral Polifónica A Nosa Terra” de Pereiras dende Outubro de 2005 ata Maio de 2008 e a "Coral Polifónica Sta. María” de Areas dende xaneiro de 2006 ata abril de 2010.

Formou parte de diferentes grupos de rock-pop como: “Los ángeles negros”, “7Claves” e “Seventh Fate”.

  Actualmente, é directora da "Coral Polifónica O Son dos Cantares" de Tameiga dende a súa fundación en marzo de 2004, da "Coral Polifónica A Forna” de Budiño dende novembro de 2004. Ademáis é a metade do Dúo Mibela , adicado a amenización de cerimonias civís e relixiosas, dende 1999. Tamén traballa nun novo proxecto de rock sinfónico: “UT” , como baixista e compositora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario