Curriculum Mila



Mila Gómez Fandiño

        Natural de Vigo. Xa dende moi pequena amosou un gran interese pola música, participando dende os 5 anos no grupo de baile rexional da escola, e no grupo de música tocando a guitarra. Comezou os seus estudios de piano e linguaxe musical coa profesora Dna. Mª Carmen Santamaría Fernández e de armonía co profesor Dn. Idelfonso García Rivas. Obten por libre o título de Profesora de Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento nos Conservatorios Profesional de Pontevedra, Superior de Santiago e Profesional de Ponteareas. Paralelamente comenzou estudios de Bioloxía na Universidade de Vigo e tamén obtivo o título de Técnico Superior de Administración de Sistemas Informáticos coas mellores calificación.

Impartiu clases de Linguaxe Musical e Piano dende o ano 1990, particularmente e tamén en diversos conservatorios privados e colexios (Mayeusis Pontevedra, Colexio LAR Mos,...). Foi profesora en varios Cursos de Respiración e Técnica Vocal para diversos colectivos (Cantareiras, Corais,...) e foi colaboradora da delegación de Pontevedra da Federación Coral Galega (FE.CO.GA.).

Formou parte da Coral Polifónica da Escola Municipal de Música do Porriño. Dirixiu eventualmente a Coral Xuntanza de Covelo. Entre os anos 1999 e 2006 foi directora de diversas formacións vocais: quinteto a capella Piccola Camerata, Coral Polifónica de Vila Nova de Cerveira (Minho- Portugal),Coro Hetería (O Porriño), Coral Polifónica Sta. Mº de Areas (Ponteareas) e a Coral Nosa Terra de Pereiras (Mos).

Formou parte do grupo vigués de rock gótico Seventh Fate, facéndose cargo dos teclados, e coros. O grupo formouse en Outubro de 2004 e disolveuse en Novembro de 2005 por diferencias musicais entre os componentes. Amais formou parte do trío musical TR3S dende 2005 ata 2009, que amenizaba festas, banquetes e outros eventos. Tamén formou parte dun novo proxecto de rock sinfónico que leva o nome de UT. Colaborou con xoves compositores na grabación de Bandas Sonoras de diversas Curtametraxes. Dende o ano 1999 é a metade do dúo MIBELA, que se adica a cantar Ceremonias Civís e Relixiosas.

Foi profesora do Departamento de Linguaxe Musical no Cmus Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra dende 2004 ata setembro de 2007, e no Cmus Profesional de Lugo o curso 2007/2008.

Estudou o Grao Medio de Canto no Cmus Profesional de Vigo e remato o último curso coas máximas calificacións ó tempo que cursaba  1º de Pedagoxía da Linguaxe e da Educación Musical no Cmus Superior de Vigo.

O pasado ano 2010 consigue a praza por oposición no Corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas, na especialidade de Linguaxe Musical. En Xuño de 2013 remata o Grao Superior de Canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Actualmente compaxina os Recitais como Soprano co seu traballo como Profesora no Departamento de Linguaxe Musical do Cmus Profesional de Ourense, onde traballa dende o curso 2008-2009 (dende o curso 2011-2012 xa con destino definitivo neste centro). Amais está a cursar o Máster de Teatro e Artes Escénicas da Universidade de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario